Adega O Casal Cabecera

Adega O Casal

No ano 2000 nace Adega O Casal. Formado por cinco socios guiados polo maior respecto pola tradición da que se senten testemuñas e movidos por un gran amor á terra.
Comezando polos viñedos herdados dos devanceiros e crecendo pouco a pouco. Cun traballo feito con amor e artesanía. Combinando o sabor tradicional cos avances tecnolóxicos esenciais. O obxectivo é elaborar un viño especial para padais moi esixentes.
Nos viñedos de Valdegollufe, A Ponticela, Valdeseara,…, todos no concello de Rubía (Valdeorras) cultivan, de forma selectiva, individualizada e respectuosa co medio ambiente, as uvas coas que se elabora o extraordinario viño Casal Novo. .

Localización

Madallín s/n. 32310, Rubiá (Ourense)

689675800

casalnovo@casalnovo.es

www.casalnovo.es