Bodegas Granbazan Cabecera

Bodegas Granbazan

Adegas  GRANBAZAN foi fundada en 1981 e está situada no Val do Salnés, en pleno corazón das Rías Baixas e  a tan só 3 km. de Cambados. A adega,  de estilo  neoclásico con influencia de  Chateux francés e recuberta de azulexos azuis facendo unha chiscadela ás casas indianas galegas , está  semienterrada e orientada ao norte, mantendo ao viño en temperaturas  constantes e frescas durante todo o ano .Un mar de viñedos rodea a Casa , resaltando que a súa localización enlaza co Camiño de Santiago – Camiño Portugués  na súa variante costeira.

Localización

Lugar de Tremoedo , 46 . 36628, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

986555562

enoturismo@agrodebazan.com

https://www.bodegasgranbazan.com/