Pazo de Vieite Cabecera

Pazo de Vieite

Os monxes do
Monasterio de San Clodio, no século XI posuían extensas propiedades, a maior
parte delas dedicadas ao cultivo da vid, construído no século XVII o Priorato
de Vieite (antiga Vila Benedico) rodeado tamén de cepas traídas do val do Rhin.

O século pasado o
avogado Lorenzo Rolando de Francisco, adquiriu o Priorato de Vieite cos seus
viñedos, plantando cepas fundamentalmente da variedade Treixadura. Cerca do
Priorato inaugurou no ano 2006 a bodega Pazo de Vieite SL que consta dunha
tecnoloxía elevada.

A filosofía de
bodegas Pazo de Vieite é traballar e coidar con esmero as súas 7 hectáreas de
viñedo propio, xa que este é o factor máis importante para producir vinos de
calidade. A uva predominante é a variedade Treixadura, aínda que tamén
cultívase Godello, Albariño, Loureira e Torrontés.

As viñas están
situadas en ladeiras e terrazas ao abrigo do norte, a unha altitude de entre
100 e 200 metros, onde a maduración da uva é excelente. Os solos son de
orixegranítico, de carácter xeralmente ácido e con textura franco-areosa

Localización

Ribadavia-Carballiño, Km. 6 . 32419, Leiro (Ourense)

988488229

info@pazodevieite.es

www.pazodevieite.es