Quinta Couselo Cabecera

Quinta Couselo

A historia da nosa adega está intimamente ligada ao Mosteiro de Santa María de Oia.
O Mosteiro
cisterciense de Santa María a Real de Oia ofrece un grandioso emprazamento ao océano Atlántico, nunha enseada rochosa, entre as vilas da Garda e Baiona. Este mosteiro comezou a construírse no ano 1136 baixo o reinado de Alfonso VII.
Como xa sinalou
Avila e a Cova no século pasado, o nome de Oia relaciónase co seu emprazamento. En efecto, “por ter o seu asento a beiras da mar, nunha grande profundidade mirada, con respecto ás elevadas serras que ten polo oriente, nomeáronlle Oia, derivado de Oio”.

Segundo un cronista cisterciense da Congregación de Castela, o cenobio de Oia é o único da Orde que se levanta a beiras do Atlántico. A fachada do seu templo e as dependencias monasteriales do costado occidental sitúanse ao bordo do mar.

Consérvanse os restos dun espolón ou dique a poucos metros da beira, cuxos muros se abren na parte central da cala, e que configuraba un pequeno pasadizo con saínte e entrante para os barcos de pesca, que se podía tapar cunha rede ou empalizada de madeira. O recinto portuario, denominado “camboa”, empregábase como sistema de pesca e tamén protexía ás embarcacións e amainaba a forza e o bater das ondas contra os muros do mosteiro..

Localización

Barrio Couselo. 36770, Rosal, O (Pontevedra)

986625051

hola@quintacouselo.com

quintacouselo@quintacouselo.com