Val de Quiroga Cabecera

Val de Quiroga

Val de Quiroga nace en 1949 cando Manuel Gomez Montero abre un pequeno negocio para o que fai o seu propio viño, que pronto comeza a vender máis aló da súa taberna. Nos anos 80 cede a testemuña aos seus fillos que fundan Val de Quiroga, S.L. Actualmente contamos con preto de 17 hectáreas de viñedo en produción na zona de Quiroga, elaborando o noso viño que presentamos en dúas marcas: Val de Quiroga e Viña de Neira.

Tamén contamos cunha almazara onde elaboramos o noso aceite virxe extra de extracción en frío con olivas do val de Quiroga.

Localización

Estrada N-120, Km. 489 – As Medas Quiroga. 27320, Quiroga (Lugo)

982428580

info@valdequiroga.es