Vega de Lucía Godello&Mencía
Empezamos de cero. Desde a terra virxe, Vega
de Lucía, naceu do romance desta familia co viño. Da tradición vitivinícola dos
nosos avós. Do amor dos nosos pais por unha pequena bodega familiar fundada nos
anos setenta en Villaza de Motnerrei e de corazón e espírito dos nosos fillos
inspirados en todos eles e conquistados por Monterrei e o seu Castelo.
A nosa misión é a elaboración de viños singulares
derivados da nosa materia prima, as uvas recuperadas desde os tempos dos nosos
avós, para ofrecer viños e outros produtos extraídos da uva en diversos campos
como a cosmética. Tamén o enoturismo, cada día máis demandado no mercado
nacional e internacional, é unha aposta clara para dar a coñecer o noso
territorio e a nós mesmos, que permite adentrarse no mundo do viño e poder
apreciar a paixón que vai dentro década botella.
Localización
Lugar val da Veiga de Bustelo s/n . 32617, Vilardevós (Ourense)