VISITA ENOGASTRONÓMICA
Ruta do Viño do Ribeiro
Nesta experiencia descubrirás a auténtica orixe do Ribeiro entrando no Pazo de Toubes, unha adega rehabilitada de 1742 que garda todos os segredos do primeiro viño galego. Poderás identificar as diferentes variedades de uva autóctonas do noso viñedo centenario e coñecerás o proceso de elaboración dos nosos viños da finca. A experiencia enogastronómica remata cunha degustación guiada de tres viños maridados con petiscos do chef do Pazo de Toubes.
As visitas realízanse de luns a domingo ás 11:00 h e ás 13:00 h. Consulta a dispoñibilidade!
Ven e atrévete a descubrir o corazón do Ribeiro a través da historia dun pazo do século XVIII e da man da viticultura e a gastronomía tradicional.
Situación: Pazo de Toubes
25,00 €
Localización
Outeiro, 2. 32454, Cenlle (Ourense)