Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Atopámonos ante un territorio marcado pola presenza dos ríos Miño e Sil, pero cheo de ríos menores. Definen a paisaxe as ladeiras dos ríos cubertas de viñedo en bancais, os canons dos ríos e as numerosas igrexas e mosteiros repartidos por todo o territorio, de aí o nome de ribeira sagrada, Ribeira Sacra.

A diversidade paisaxística é unha característica da zona. Ribeira Sacra é un espazo de maxia e tradición, de verdes, granates, amarelos, un espazo de pedra…pedra nos muros dos bancais, pedra nos mosteiros e igrexas, pedra nas pontes, torres e fortalezas. Pedra. Valo perder?

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra asocia arredor do viño e da súa cultura todos os atractivos que ten Ribeira Sacra. Queremos que desde o viño coñezas unha terra que non te deixará indiferente e goces dunha das paisaxes vitícolas más belas e espectaculares do mundo.

Ofrecémosche unha opción lúdica cunha vertente turístico-enolóxica única en España. Ribeira Sacra só se entende desde o viño. A súa paisaxe, os seus monumentos, a súa artesanía, as súas tradicións, a súa xente… todo se vive desde e para o viño.

Bodegas visitables, hoteis, casas de turismo rural, restaurantes, actividades de ocio, centros de vinoterapia, museos e centros de interpretación, enotecas, tendas especializadas, información turística…

A Ruta do Viño da Ribeira Sacre é principalmente viño, pero tamén:

Coñecerás aldeas perdidas no tempo. Catarás viños auténticos elaborados con toda a atención do persoal de bodega e viños experimentais que supoñen un reto para o elaborador.

Pasarás noites en aloxamentos máxicos. Comerás en restaurantes de comida tradicional e outros nos que a innovación tamén é unha opción na carta. Surcarás ríos baixo o voo das aguias, polo son dos paxaros e confirmarás que este territorio ten algo de sagrado.

A cantidade de matices que ten Ribeira Sacra, fan dela un lugar perfecto para visitar calquera época do ano. A oferta visual do viñedo é inigualable, sexa cal sexa o momento que decidas para coñecer Ribeira Sacra.

Sumérxete en Ribeira Sacra. Agardámoste!

Localización Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Comercio 6/8, Monforte de Lemos, Lugo

982 410 968

rutavino@ribeirasacra.org

https://www.rutadelvinoribeirasacra.org/

CONOCE A NUESTROS ASOCIADOS

BODEGAS