Qué ver na Ruta do Viño de Valdeorras Cabecera

Qué ver na Ruta do Viño de Valdeorras

Neste post convidámoste a percorrer as terras da comarca de Valdeorras e descubrir qué lugares visitar

Un Percorrido polas terras da D.O. Valdeorras

O importante patrimonio vitivinícola que atesoura Valdeorras impregna ata o último recuncho da comarca, por eso o viño é a escusa que se ofrece para visitar un territorio rural descoñecido.

Seguindo a Ruta do Viño de Valdeorras poderemos descubrir os segredos dunha das Denominacións de Orixe máis antigas do país, nun percorrido no que os viaxeiros poderán gozar dos seus viños, gastronomía, paisaxe, cultura e patrimonio. A continuación, propoñémosvos diferentes plans para coñecer mellor estas terras.

Retrincos de historia medieval en O Barco

A localidade de O Barco é a capital da comarca de Valdeorras e destaca polo seu patrimonio arquitectónico e natural, que gardaba retrincos de historia medieval. Visitar o seu casco antigo, a praza maior e as igrexas de San Mauro e Santa Rita será un plan perfecto para comenzar o día.

A escasos minutos del casco urbano encontraremos tamén varios tesouros:

No Monasteiro de Xagoaza e a súa contorna, priorato dos cabaleiros Templarios na súa orixe, o tempo parece deterse na súa natureza casi virxe e a súa arquitectura románica. Declarado Ben de Interese Cultural, o conxunto monumental da Vila de O Castro será outra parada obrigada, pois este recinto antaño constituíu a porta de entrada para peregrinos, comerciantes e nobres de Galicia.

En canto ao patrimonio natural, o paseo de Melecón ofrece a posibilidade de contemplar un atardecer ás beiras do río Sil e deleitarse coa gastronomía da zona.

Patrimonio vitivinícola en A Rúa

Os Viñedos e as formas tradicionais de plantación, a cultura do viño, as formas de traballar a viña, os apeiros que se adaptan a cada tipo de chan, etc, cobran especial protagonismo no municipio de A Rúa, que é o concello de Valdeorras onde se ubica o maior número de bodegas adscritas á denominación, polo que poderemos coñecer a fondo estos viños da man dos seus bodegueiros e nos propios viñedos.

Neste municipio tamén cabe destacar o monte de A Coroa, antigo asentamento dun castro romano, dende o que podemos divisar o lugar onde os romanos horadaban as montañas para obter ouro.

 As famosas Covas de Vilamartín

Un dos principais atractivos turísticos da comarca de Valdeorras son as famosas “Covas”, antigas bodegas excavadas na terra e na roca para conservar os viños da Denominación de orixe e que adoitan estar agrupadas en determinadas zonas das aldeas formando auténticos barrios, sendo as famosas as de Vilamarín, Vila de O Castro en O Barco, Seudur en Larouco y O Val en Rubiá.

Otros puntos de interese turístico que podemos atopar en Vilamarín de Valdeorras é o conxunto arqueolóxico do castro de Valencia do Sil. Este non é o único lugar da comarca con restos de ocupación romana, posto que na parroquia de Córgomo, ao igual que en Éntoma, todavía quedan na actualidade restos de explotación auríferas coa técnica da “Ruina Montium”, similar á das Médulas.

 Sendereismo na Serra da Enciña da Lastra

Situada no concello de Rubiá, a Serra da Enciña da Lastra é un valioso territorio natural, cuxo nome provén da encima, dise que unha das grandes dimensións servía de guía aos viaxeiros por estas encrucilladas.

Neste conxunto montañoso encóntrase a rede de covas naturais ou “palas” máis extensa de Galicia, con preto de duascentas simas e covas censadas. Neste enclave poderemos desfrutar da natureza en estado puro realizando alguna das rutas de senderismo sinalizadas ou recorrendo en quad viñedos e montaña.

 O pasado romano da comarca en Larouco 

Un dos puntos máis interesantes da comarca de Valdeorras o encontraremos no municipio de Larouco. E é por este concello por onde cruzaba a Vía Nova, a calzada romana que comunicaba Astorga coa cidade portuguesa de Braga.

O máis notorio de Larouco é a súa insólita e impresionante paisaxe. Aos encaixados vales dos ríos Sil, Bibei e Xares se asoman ladeiras quebradas polas que trepan os viñedos formando estreitas terrazas. Sorprendente é a imaxe que ofrecen os coñecidos como os Codos de Larouco, o nome que recibe o sinuoso trazado que debuxa a Vía Nova para atravesar o profundo val de Bibei.

 Rincóns con encanto en Petín 

Por último, no municipio de Petín encóntrase un dos pobos con máis encanto da zona, e no seu día, lugar de peregrinación. Trátase de Portomourisco, unha parroquia na que un ponte de comezos do século XVIII segue mantendo o seu aspecto orixinal.

Outro dos puntos destacables é a pequena ermida da Nosa Señora das Ermitas, cun retablo barroco e a capela do século XVIII. Pero á hora de contemplar a arquitectura da zona, non debemos perdernos a igrexa de San Victor de Portomourisco, onde conta a lenda que un meniño forasteiro aparecía todos os días sobre a ventá.