A aula gastronómica da Praza de Abastos de Santiago de Compostela é o lugar escollido para a presentación de Enoturismo Galicia do Clúster de Turismo de Galicia e as Rutas do viño. Unha marca que nace coa finalidade de albergar a estratexia común por parte das Rutas do Viño de Galicia, que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio galego.

A Ruta do Viño Rías Baixas, O Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei son as impulsoras, xunto co Clúster de Turismo de Galicia, desta iniciativa de promocionar de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía.

A presentación de Enoturismo Galicia comezará ás 12.00 horas da mañá e intervirán as partes impulsoras deste proxecto enolóxico. Tralo acto, procederase a unha cata con showcooking da man do enólogo Nacho Costoya e os chefs, Kike Piñeiro y Eloy Cancela.