Xa temos todo listo para a nosa presentación en sociedade. Un acto que se celebrará mañá na aula gastronómica da Praza de Abastos ás 12.00 horas.

Sí, xa quedan poucas horas para que “Enoturismo Galicia” e as Rutas do Viño de Rías Baixas, O Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei se presenten.

Enoturismo Galicia, unha marca do Clúster do Turismo que nace con obxecto de adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio, promocionando de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía.

O acto dará comezo ás 12 horas e trala benvida e presentación de Enoturismo Galicia se realizará unha cata e un showcooking da man do enólogo Nacho Costoya e os Chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela.