O que comezou sendo un proxecto de catro, pronto converteuse en algo de cinco. Si, cinco denominacións de Orixe son as que se unen  baixo o auspicio dunha nova marca, Enoturismo Galicia, creada polo Clúster de Turismo de Galicia. Unha marca, de recente nacemento, que trata de unir esforzos e traballar conxuntamente na promoción e no impulso do potencial turístico do mundo do viño.

A solicitude de incorporación ao Clúster, xurdiu despois da presentación en sociedade da marca de recente creación e polo tanto a súa participación nesta iniciativa de Enoturismo Galicia.

En definitiva, Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacar, Valdeorras e Ribeiro son as rutas definitivas