A Ruta do Viño das Rías Baixas rexistrou un novo éxito de participación nas actividades do programa especial con motivo do Día Europeo do Enoturismo. Máis de 160 persoas participaron das iniciativas propostas desde esta asociación durante o fin de semana pasado.

A que trouxo maior número de participantes foi a V Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas. Esta actividade reuniu máis de cen persoas na Sala de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados que querían probar as súas habilidades como provadores. Segundo as explicacións do sumiller David Barco, os participantes degustaron un total de cinco viños, incluíndo un Albariño Rías Baixas xenérico.

Un total de 32 marcas de 25 bodegas asociadas á Ruta do Viño foron degustadas neste certamen. Dos máis de 100 participantes, só 18 deles recoñeceron na cata a cegas tres das cinco marcas presentadas. Cada un dos gañadores levou un agasallo e tamén participaron no sorteo dunha enopack para duas persoas. Este tocóulle a Mónica Pérez.

As actividades do Día Europeo do Enoturismo complementáronse cunha visita accesible para trinta usuarios da Fundación Down Compostela. Os participantes visitaron as instalacións de dous establecementos asociados á Ruta do Viño e participaron dunha degustación de mostos.

Tamén ofrecéuse unha degustación a bordo dun catamarán que cruzou a Ría de Arousa saíno do porto de O Grove. Un sumiller profesional foi o encargado de comentar as características dos catro viños probados durante a actividade. A cata foi complementada cunha degustación de mexillóns da ría ó vapor.