Bodegas La Val
O lema de Bodegas La Val é “o viño
faise na viña” e o defende coas súas 53 hectáreas de viñedo vello conducido en
parra. A bodega está situada na Finca Arantei, en Salvaterra do Miño
(Pontevedra), e está equipada coas tecnoloxías máis punteiras do sector.
Os seus viñedos en propiedade atópanse
enmarcados en tres fincas: Finca Arantei, Finca Porto e Finca Taboexa e en
total suman 53 hectáreas. Bodegas La Val mantén unha produción anual en torno a
500.000 botellas, e está presente en máis de 20 países en todo o mundo.
Na actualidade produce os seguintes viños: La
Val (Albariño), Finca Arantei (Albariño), La Val Fermentado en Barrica
(Albariño), La Val Crianza Sobre Lías (Albariño), La Val Vendimia (Albariño),
Más Que 2 (Condado) e La Val Treixadura (Treixadura).
Localización
Lugar de Muguiña, s/n. 36450, Salvaterra de Miño (Pontevedra)