Bodegas Martín Codax Cabecera

Bodegas Martín Codax

En 1986 nace Bodegas Martín Códax e
toma por nome o do máis célebre trobador galego do que aínda se conservan as
súas cantigas, as máis antigas do galego-portugués coa música orixinal, nas que
se canta ao amor e ao mar que baña as nosas costas.

Desde entón, Bodegas Martín Códax
medrou e evolucionou apoiando sempre á súa xente, a súa terra e a súa cultura.
Unha cultura que promove por máis de 40 países en todo o mundo. Un proxecto que
comezou coa ilusión e o esforzo dun grupo de viticultores e que, hoxe en día,
xa é unha realidade que converteu a Bodegas Martín Códax en emblema dos viños
galegos fóra e dentro das nosas fronteiras. 

Localización

Lugar Burgáns (Vilariño), 91. 36630, Cambados (Pontevedra)

986526040

enoturismo@martincodax.com

https://www.martincodax.com