Bodegas Pablo Padín
Na actualidade a produción propia rolda o 10% do total obtido da explotación de dúas parcelas situadas no concello de Meaño, cunha superficie que excede as 3 hectáreas de viñedo, pertencendo o resto da superficie a viticultores do Val do Salnés que fornecen a mellor uva da comarca grazas a acordos asinados desde o inicio das relacións comerciais. O persoal técnico da adega encárgase do asesoramento en todo momento, mediante charlas informativas e controis de calidade dos viñedos, no que se lles indica das accións a emprender, para lograr que a calidade da materia prima sexa cada vez maior. No momento da recolección leva a cabo un estrito control de calidade co obxectivo de que a materia prima que entra na adega manteña unhas condicións óptimas en canto á calidade e estado de conservación, o cal xunto coas instalacións e investimento na maquinaria máis nova, que van desde a mesa de selección, ao macerador, prensas neumáticas, despalilladora, sala de conservación totalmente illada e con temperatura tanto dos depósitos de aceiro inoxidable como da mesma salga controlada por dúas máquinas enfriadoras e climatizadoras coa finalidade de ter o viño en todo momento á temperatura máis ideal para a conservación do mesmo, até o filtro sen carga, planta embotelladora totalmente automatizada e sala de conservación do produto terminado para que chegue ás mans do consumidor nun estado óptimo de conservación. Actualmente a produción alcanza as 300.000 botellas e aínda que a capacidade das instalacións é superior estando preparada para as 600.000 botellas, preferimos sacrificar a cantidade en favor da calidade, posto que entrar en producións dun nivel superior e dada a estrutura produtiva dos viticultores da zona onde a produción media dun viticultor das Rías Baixas está no 6.000 Kg. de uva aproximadamente, iso levaría a admitir uva con parámetros de calidade que están por baixo do que nós consideramos óptimos, obrigándonos mesmo a non poder seleccionar a uva na recepción, o que tan bos resultados está a darnos e permítenos así unha obtención de premios internacionais importantes.
Localización
Ameiro, 24, Dena. 36967, Meaño (Pontevedra)