Bodegas Tomada de Castro
A adega Tomada de Castro nace en Ribadumia no ano 1998, en pleno corazón do Val do Salnés, unha zona privilexiada para a elaboración do viño Albariño. A nosa familia conta cunha ampla tradición vitivinicola de máis dun século elaborando viños, por iso nosa fislosofía é a de facer un coidadoso seguimento na selección das nosas uvas, mantendo unha elaboración o máis tradicional e natural posible, pero aplicando a tecnologían máis avanzada para que os nosos viños alcancen a mellor calidade. Viños coa máxima calidade e expresión que transmitan o “terroir” do que proceden.
Localización
Travesía do Freixo, 3. 36636, Ribadumia (Pontevedra)