Bodegas Vionta
Adegas Vionta é un exemplo de tradición e modernidade. Está situada no municipio de Meaño, provincia de Pontevedra, a 40 minutos de Santiago de Compostela. Asentada no corazón do Val do Salnés, dispón dunhas privilexiadas vistas á Ría de Arousa. A nosa adega é unha das máis modernas do lugar, equipada con innovadoras instalacións vinícolas, que xunto ás técnicas de produción máis avanzadas dan como resultado viños con personalidade propia. Adegas Vionta abre as súas portas ao visitante, aos que queiran vivir experiencias enoturísticas únicas asomándose desde a atalaia natural da nosa Adega, sobre as Rías Baixas. O visitante poderá degustar os nosos albariños en harmonía perfecta coa mellor gastronomía galega nun marco natural incomparable.
Localización
Parroquia de Simes, Lugar Axis s/n. 36968, Meaño (Pontevedra)