Finca Millara
Finca Míllara se enclava na aldea da Míllara, en pleno corazón da Ribeira Sacra. Marabillados pola beleza e potencial deste lugar, bañado polo Miño, decidimos, en 1999, recuperar as antigas plantacións, creando unha das maiores leiras da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
A adega, é unha construción de orixe medieval, en madeira de carballo e pedra proveniente da zona. Atópase semienterrada, como continuación da pendente natural do terreo onde está situada, o que garante unha temperatura constante, de maneira natural durante todo o ano.
En Finca Míllara elaboramos nosas propias uvas e traballamos a terra co maior respecto aos nosos devanceiros, á vez que abrazamos as innovacións que nos leven a mellorar continuamente a calidade dos nosos viños
Localización
A Míllara, s/n. 27430, Pantón (Lugo)