Mar de Frades
A adega Mar de Frades, intégrase na vertente máis atlántica do noso viñedo no Monte Valiñas. A arquitectura vangardista do edificio, revestido con gris granito e cuberto con cobre harmoniza de forma atrevida e sorprendente coas vistas á Ría de Arousa e ao Val do Salnés. É o reflexo do noso carácter inconquistablemente atlántico. Os segredos e matices da elaboración móstranse nun gran espazo interior, mentres que ao chegar á terraza, o visitante pode sentir o sal, a forza e a paixón que transmiten os nosos viños porque estamos feitos de Atlántico. LOCALIZACIÓN: ?Debido á singularidade da adega e a adaptación da contorna co viñedo e monte, entendemos que nos atopamos nun lugar con encanto, non é o caso dunha contorna rural na que non existe integración do edificio.
Localización
Lg. Arosa, 16 – Finca Valiñas. 36367, Meis (Pontevedra)