Parador de Turismo de Cambados Cabecera

Parador de Turismo de Cambados

Estás en Cambados, capital do Albariño, un dos mellores viños brancos do mundo. E como non, nun lugar así, ten que esperarche un parador.

O Parador de Cambados é o antigo Pazo de Bazán, unha elegante mansión  solarlega de confortables e luminosas habitacións e cun coqueto patio interior con terraza, na que gozarás do son da auga ao correr na fonte de pedra, e da tranquilidade que ofrece o lugar. Este é un aloxamento ideal para coñecer a Ría de Arousa e as Rías Baixas, pero non é necesario que che afastes demasiado antes, antes recomendámosche descubrir o encanto único de Cambados. O seu centro histórico, declarado Ben de Interese Cultural, alberga un grupo de pazos que fan da vila un museo ao aire libre. E a festa do Albariño, cada primeiro domingo de agosto, é unha cita obrigada se es amante do bo viño.

Este é un lugar idóneo para o turismo enolóxico. Podes visitar o Museo do Viño situado xunto ás emblemáticas Ruínas de Santa Mariña Dozo, e realizar roteiros por adegas, viñedos e salas de cata. Nas rúas de Cambados sempre está presente a cultura do viño, que acompañado dos mellores produtos da zona, como o peixe, o marisco, e os pementos de Padrón, fan que a gastronomía do restaurante do Parador sexa unha delicia. 

 

Localización

Pº de la calzada S/N. 36630, Cambados (Pontevedra)

986 54 22 50

cambados@parador.es

www.parador.es