Terras do Cigarrón
Terras do Cigarrón nace grazas a dúas decenas de viticultores, socios fundadores da mesma.
Todo xorde no ano 2002 coa constitución da sociedade cooperativa. Tres anos despois, no 2005, inaugúranse oficialmente as instalacións da adega, situada en Albarellos de Monterrei.
Os seus viñedos, atópanse situados entre os 400 e 500 metros de altitude, a maioría no val ou ladeira, con chans franco-arenosos.
A uva godello é a protagonista nesta adega que é empregada para elaborar viños 100% varietales como Terras do Cigarrón ou Mara Martín.
Ademais, tamén se cultivan outras variedades. O viño Mara Moura, é un exemplo disto, elaborado con godello e treixadura.
Localización
Estrada Xeral, 18 – Albarellos. 32618, Monterrei (Ourense)