Cámbioche un selfie por un pack outono gastronómico

Cámbioche un selfie por un pack outono gastronómico

19Out

Con motivo do nacemento da nosa marca, Enoturismo Galicia, queremos celebralo dunha maneira moi especial e o queremos facer contigo.

Os invitamos a participar no noso concurso “Sorprende aos teus sentidos” no que tan só terás que compartir un selfie o unha foto gozando dunha experiencia enoturísitica, brindando cun dos viños das nosas catro rutas, O Ribeiro, Monterrei, Rías Baixas e Ribeira Sacra.

É moi fácil, inmortaliza ese momento no que estás cos teus amigos, parella ou familia gozando xa non só dunha copa dos nosos viños senón tamén dunha paisaxe ou da compaña e compártea nas nosas redes sociais, Instagram o Facebook, porque poderá ter un premio, un pack “outono gastronómico” que consiste nun menú, unha noite na casa rural e o almorzo para dúas persoas.

Para poder compartir ese momento terás que seguir a nosa páxina, colgar a túa foto cos hashtag #enoturismogalicia #sorprendeatussentidos e compartir a publicación. É moi fácil, participa e gana. Tes de prazo ata o 30 de outubro.

About Author