Enoturismo en Galicia, iniciativa amparada pola Xuntade Galicia e que inclúe aos cinco Roteiros do Viño de Galicia (Monterrei, Rias Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), retomou a súa actividadeturística e informa que os recursos, espazos turísticos e establecementos queforman parte dos roteiros do viño volveron a abrir as súas portas ao público,seguindo estritos protocolos de seguridade.
Estamos preparados! Temos moitas ganas de recibirte novamente para que goces de auténticas experiencias de enoturismo.
Os nosos establecementos limitaron o tamaño dosgrupos, acondicionado as súas instalacións e servizos, fomentado os espazosabertos e adoptado outras medidas organizativas para facer fronte á COVID-19.
Se estás a planear unha visita a Galicia e a calquerados nosos roteiros do viño, pedímosche que colabores para protexerche a timesmo e ao teu círculo máis próximo. Frear este virus é responsabilidade de todos.Para iso recomendámosche que sigas as indicacións das autoridades sanitariase respectes as normas específicas establecidas en cada un dos nososestablecementos.
Estamos a desexar que vivas o enoturismo en Galicia.Visitar os nosos roteiros do viño é unha opción moi boa para a túa próximaescapada: contornas de viñedos, pequenos pobos, actividades ao aire libre,núcleos rurais con baixa densidade de poboación, aloxamentos de pequenasdimensións e empresas de actividades que ofrecen experiencias á carta. Enoturismo en Galicia, a túa mellor elección.