Emocións Enoturismo

Queres vivir emocións inesquecibles?

Galicia ofréceche un territorio de viñedos que conforma múltiples paisaxes entre vilas mariñeiras, xoias do románico, barrios xudeus, castelos e pazos medievais que nos transportan ao pasado…

Con amigos, só, en parella, coa familia ao completo… ¡Fai enoturismo como e con quen ti queiras!

Podes escoller paquetes enoturísticos á túa medida, dun día, de fin de semana ou unha semana. E elixir entre 9 temáticas diferentes: Adegas para Dous, Maridaxe do Camiño de Santiago, Enoturismo en Familia, Vive a Vendima, Praceres Gourmet, Benestar e Enoturismo, Enocultura, Paisaxístico e Bono Evento.

Paquetes nos que as adegas adquiren un papel relevante acompañadas por establecementos hostaleiros, casas rurais, restaurantes, artesáns, museos, guías oficiais…

Infórmate dos prezos nas axencias de viaxes que atoparás a man dereita.

Agasállate con emocións de enoturismo en Galicia!

 

enocultural