Enoturismo Galicia, unha marca para a promoción do turismo enolóxico da nosa comunidade

Enoturismo Galicia, unha marca para a promoción do turismo enolóxico da nosa comunidade

19Out

O 18 era o día e as 12 a hora e o aula gastronómica da Praza de Abastos de Santiago de Compostela o lugar elixido para a ocasión. Un día especial para o Clúster de Turismo de Galicia que presentaba en sociedade a nova marca Enoturismo Galicia baixo a cal traballarán conxuntamente as Rutas do Viño do O Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei.

Unha presentación ante os medios de comunicación e bloggers especializados que non fallaron á cita e que responderon de bo agrado á convocatoria de dito acto. Na presentación de Enoturismo Galicia interviñeron os representantes das catro rutas do viño os cales comentaron as singularidades de cada unha delas e resaltaron a importancia de traballar de maneira conxunta na área de promoción.

Dª. Concepción Iglesias Pousa, vicepresidenta do Consello Regulador da D.O por parte do Ribeiro, D. José Manuel Rodríguez González, presidente da Ruta do Vino de Ribeira Sacra, o director técnico do Consello Regulador de Monterrei, Luis Miguel López Núñez e o Presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, D. Juan Gil Araujo.

O secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, explicaba que Enoturismo Galicia nace co obxecto de adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño a cal permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio, promovendo de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía. Asimesmo, Dña. Carmen Pita, da Axencia de Turismo de Galicia, alagou a importancia do trabalo en equipo dos sectores implicado no turismo e do turismo enolóxico na nosa comunidade.

Trala presentación da marca, o alí presentes puideron disfrutar dunha cata dos viños das catro rutas a cargo do prestixioso enólogo Nacho Costoya. E todo isto acompañado de exquisitos bocados elaborados polos recoñecidos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancelas, que unha vez máis sorprenderon coas súas elaboracións culinarias nas que potenciaron os produtos galegos.

Para cerrala presentación sorteouse uns lotes de regalos e un pack outono gastronómico entre os medios de comunicación e bloggers alí presentes.

About Author