Personaliza as preferencias de consentimento

Usamos cookies para axudarche a navegar de forma eficiente e realizar determinadas funcións. A continuación atoparás información detallada sobre todas as cookies en cada categoría de consentimento.

As cookies que se clasifican como "Necesarias" almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para habilitar as funcionalidades básicas do sitio.... 

Sempre Activo

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

Non hai cookies para mostrar.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

Non hai cookies para mostrar.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

Non hai cookies para mostrar.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

Non hai cookies para mostrar.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

Non hai cookies para mostrar.

Medidas Covid-19 nas Rutas do Viño de Galicia Covid Cabecera

Medidas Covid-19 nas Rutas do Viño de Galicia Covid

As rutas do viño galegas desenvolven a súa actividade turística seguindo os máis estritos protocolos de seguridade para facer do enoturismo un turismo seguro.

Enoturismo en Galicia é unha iniciativa que reúne as cinco Rutas do Viño de Galicia (Monterrei, Rias Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), co obxectivo de promocionar estas rutas como destino turístico e promover a súa visita levando a cabo un turismo seguro e responsable.

Estamos desexando que vivas o enoturismo en Galicia. Visitar as nosas rutas do viño é unha opción moi boa para a túa próxima escapada: entornos de viñedos, pequenos pobos, actividades ao aire libre, núcleos rurais con baixa densidade de poboación, aloxamentos e empresas de actividades que ofrecen experiencias á carta.

Se estás pensando en facer algunha escapada, enoturismo en Galicia pode ser a túa mellor elección.

Neste post contámosche como seguimos adiante coa nosa actividade turística e por tanto todos os recursos, espazos turísticos e establecementos que forman parte das nosas cinco rutas do viño teñen as súas portas abertas ao público, seguindo sempre estritos protocolos de seguridade.

Todos os nosos establecementos limitaron o tamaño dos grupos, acondicionando as súas instalacións e servizos, fomentando os espazos abertos e adoptando outras medidas organizativas para facer fronte á covid-19.

Polo tanto, se estás organizando unha visita a Galicia e a calquera das nosas rutas do viño, pedímoste que colabores para protexerte a ti mesmo e ao teu círculo máis cercano. Frear este virus é responsabilidade de todos. Para iso recomendámosche que sigas as recomendacións das autoridades sanitarias e respectes as normas específicas de cada un dos nosos establecementos. Queres saber como é o protocolo para visitarnos? Aquí contámosche todas as precaucións que debes levar a cabo para realizar enoturismo en Galicia e cumprir co protocolo covid-19.

Protocolos de seguridade nos nosos establecementos.

A Xunta de Galicia e o sector turístico traballan conxuntamente no  programa “Galicia destino seguro”.

Os nosos establecementos traballaron durante os últimos meses na implantación dunha serie de manuais sectoriais que recompilan os requirimentos hixiénico-sanitarios obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade, as medidas de seguridade publicadas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e recomendacións adaptadas ás especificidades do noso territorio.

Dentro destas medidas, inclúense entre outros aspectos:

  • A formación do persoal traballador 
  • Procedementos de limpeza e desinfección minuciosa
  • Adaptación dos sistemas de autocontrol
  • Mellora dos servizos e métodos organizativos para asegurar que se respetan as distancias de seguridade entre persoas
  • Hábitos hixiénicos na prestación do servizo
  • Control do aforo nos distintos espazos
  • Aprovisionamento de material de protección
  • Ventilación de espazos e revisión dos sistemas de climatización
  • Medidas de protección persoal dos traballadores
  • Xestión dos residuos

Recomendacións de seguridade

Dámosche algúns consellos non só para que poidas desenvolver a actividade en calquera das nosas rutas senón tamén para que poidas planificar a túa viaxe correctamente e evitar contratempos.

Toma nota de todas as medidas covid-19 que debes ter en conta á hora de realizar enoturismo.

Antes da viaxe:

  • Non viaxes ni visites establecementos públicos se tes síntomas compatibles coa Covid-19.
  • Lembra que é obrigatorio o uso de máscara.
  • É recomendable que reserves as túas visitas a bodegas, mesas de restaurante e outros servizos turísticos con suficiente antelación, xa que o aforo quedou limitado nos distintos espazos.

Durante a viaxe:

  • É obrigatorio o uso da máscara de seguridade nos espazos públicos
  • Presta atención á sinalización e normativa establecida en cada establecemento.
  • Segue as indicacións do persoal do establecemento.
  • Respecta o aforo de cada espazo e agarda turno.
  • Mantén a distancia de seguridade en todo momento (Min 1,5m)
  • Saúda de palabra, ou cun xesto, sen contacto físico.
  • Lava as mans con auga e xabón ou xel hidroalcohólico ao chegar e ao saír en cada establecemento.
  • Circula só polas zonas permitidas.
  • Recoméndase pagar os servizos con medios electrónicos.

E agora que coñecemos todo o procedemento temos moitas ganas de recibirte novamente para que desfrutes de auténticas experiencias de enoturismo. Estamos preparados!