Personaliza as preferencias de consentimento

Usamos cookies para axudarche a navegar de forma eficiente e realizar determinadas funcións. A continuación atoparás información detallada sobre todas as cookies en cada categoría de consentimento.

As cookies que se clasifican como "Necesarias" almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para habilitar as funcionalidades básicas do sitio.... 

Sempre Activo

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

Non hai cookies para mostrar.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

Non hai cookies para mostrar.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

Non hai cookies para mostrar.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

Non hai cookies para mostrar.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

Non hai cookies para mostrar.

Qué ver na Ruta do Viño de Monterrei Cabecera

Qué ver na Ruta do Viño de Monterrei

Neste post propoñémoste unha serie de actividades para pasar unha fin de semana percorrendo o Roteiro do Viño de Monterrei.

A perfecta escapada na comarca de Verín-Monterrei

Ao sureste da provincia de Ourense e moi preto da fronteira con Portugal atópase a comarca que alberga a Denominación de Orixe máis nova de todos os viños galegos. O roteiro enolóxico de Monterrei percorre a comarca de Verín, onde a variedade de hábitats e un microclima mediterráneo no val tradúcense nunha importante riqueza paisaxística.

Neste post queremos achegarvos unha experiencia onde, ademais de gozar dos seus deliciosos viños, namorarédesvos dunha terra de entroidos ancestrais, de riqueza arquitectónica e de gran beleza natural. A continuación, propoñémosvos unha serie de actividades no roteiro de Monterrei para pasar unha fin de semana inesquecible.

O pasado medieval de Monterrei

Considerada a acrópole máis grande da comunidade e o lugar onde se imprimiu o primeiro incunable galego, un misal conservado no Arquivo Diocesano da Catedral de Ourense, o Castelo de Monterrei resulta un excelente punto de partida no noso roteiro.

Aos pés do castelo, ascenderemos camiñando polo outeiro, de maneira que poderemos contemplar a muralla e os edificios, construídos entre o século XII e o XVII, e percorrendo as rúas trasladarémonos ao pasado medieval de Monterrei.

Tras acceder á Torre da Homenaxe, unha impresionante edificación de pedra de 22 metros de altura, contemplaremos gran parte da conca do río Támega, un val salpicado de viñedos, hortas e diferentes pobos. Tamén admiraremos a Torre das Damas, perfectamente situada no Pazo dos Condes.

Paseando por Verín

Unha camiñata máis relaxada polo centro de Verín será o plan perfecto para despedir o día. Coñecida por albergar un dos entroidos de maior tradición en Galicia, esta localidade conta con diversos puntos de interese, tales como a Igrexa Parroquial Santa María a Maior, ou os mananciais de auga mineromedicinais de Cabreiroá, Fontenova, Sousas, Caldeliñas e Fonte do Sapo.

Cabe destacar a Igrexa da Mercé xunto ao seu convento, cuxo claustro alberga un museo con historia e patrimonio da comarca; sen esquecernos da Casa do Escudo ou a dos Acevedo, que no seu día acolleu un coñecido encontro entre Felipe O Fermoso e o Cardeal Cisneros.

O broche de ouro á xornada poñerémolo cunha cea acompañando os viños da Denominación de Orixe Monterrei cun prato de polbo á feira ou bacallau.

Lagares rupestres en Oímbra 

Á hora de falar de tradición vitivinícola nas proximidades de Monterrei, é imprescindible facer referencia ao municipio de Oímbra, o concello galego que conta cos lagares rupestres máis antigos documentados, unhas estruturas labradas en pedra relacionadas coas formas máis primitivas de elaboración de viño.

Realizar este roteiro na segunda xornada será a forma perfecta de coñecer como os viticultores de outrora facían os seus viños entre os viñedos e non nas adegas, como sucede na actualidade. No noso percorrido descubriremos a Adega As Barrocas e o lagar de Xan Preto, que conta cunha recreación dunha prensa de madeira no propio lagar.

Os de Oímbra non son os únicos lagares rupestres que atoparemos na comarca, e é que non debemos obviar a presenza destas estruturas noutros municipios da zona como Verín (xunto á capela de San Antón), Monterrei ou Vilardevós, entre outros.

Natureza en estado puro en Vilardevós

Se hai algo que caracteriza á comarca de Verín é a súa preciosa natureza. Proba diso é o termo municipal de Vilardevós, onde continuando o noso roteiro de sendeirismo penetrarémos no corazón da Serra dás Penas Libres.

Neste mesmo municipio, xa na fronteira con Portugal, poderemos descubrir a Fervenza da Cidadella, que cunha caída de 30 metros, é un dos tesouros que garda Vilardevós. Percorrendo as súas pasarelas e miradoiros poderemos gozar dun enclave único.

A beleza do parque natural de O Invernadeiro

A guinda a nosa escapada polas terras da D.O. Monterrei será coñecer o Parque Natural de O Invernadeiro. Para elo desplazarémonos ata Campobecerros, no municipio de Castrelo do Val, que é a porta de entrada deste paraje natural espectacular.