Ruta do Viño Monterrei

Ven e descúbrenos!

O que percorra a Ruta do Viño Monterrei descubrirá unha paisaxe distinta, un camiño bañado polas cores do viño, enriquecido pola súa historia, gastronomía e, sobre todo, pola amable hospitalidade das súas xentes.

A Ruta do Viño Monterrei atópase nunha comarca con gran riqueza tanto cultural como agrícola, xogando un papel moi importante a viticultura dentro da agricultura comarcal. Pese a non tratarse dunha ruta moi extensa en territorio, acolle unha gran variedade de lugares dignos de ser visitados e recordados. A natureza é espectacular, pero tamén transmite o esforzo dos que, día a día, loitan por extraer da terra o seu froito.

Todo aquel que visite Monterrei sentirá que está nunha terra diferente, con recintos amurallados, camiños centenarios, rutas de peregrinación, arquitectura popular, montes interminables, natureza agreste e, sobre todo, viño, bo viño. Ven e descúbrenos!

Ven e descúbrenos!

logomonterrei

VISITAR WEB