Ruta do Viño Ribeira Sacra

Ven esperámosche!

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese polo territorio da D.Ou. Ribeira Sacra, unha vintena de municipios distribuídos entre a provincia de Lugo e a de Ourense.

Estamos ante un territorio bañado polos ríos Miño e Sil; un espazo de maxia e tradición, dunha beleza paisaxística de vertixe que impresiona polas ladeiras dos ríos cubertas de viñedo en bancales, os canóns dos ríos e as numerosas igrexas e mosteiros que conforman todo o territorio.

Na Ruta do Viño de Ribeira Sacra pódese gozar de paisaxe, viño, gastronomía, cultura e lecer nunha contorna que fascina.

Ven esperámosche!

logoribeirasacra

VISITAR WEB