Ruta do Viño do Ribeiro

Unha experiencia única, auténtica

Na provincia de Ourense, onde conflúen os ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño descorre a Ruta do Viño do Ribeiro, entre adegas e pazos medievais, gastronomía tradicional e de vangarda, augas termais e sendeiros naturais. Case 3.000 hectáreas de viñedo dan para moitas experiencias enoturísticas e dende a Ruta do Viño do Ribeiro queremos convidarte a que as vaias descubrindo. En parella, en familia ou en grupo, ti elixes a forma e nós ofrecemos propostas para todos os gustos; paseos en catamarán, aloxamento entre viñedos, viñoterapia, catas comentadas e todo isto envolto pola maxia da cultura do viño.

Déixate levar polas sensacións que invaden o ambiente e a túa viaxe converterase unha experiencia única, auténtica.

logo_ribeiro

VISITAR WEB