Personaliza as preferencias de consentimento

Usamos cookies para axudarche a navegar de forma eficiente e realizar determinadas funcións. A continuación atoparás información detallada sobre todas as cookies en cada categoría de consentimento.

As cookies que se clasifican como "Necesarias" almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para habilitar as funcionalidades básicas do sitio.... 

Sempre Activo

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

Non hai cookies para mostrar.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

Non hai cookies para mostrar.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

Non hai cookies para mostrar.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

Non hai cookies para mostrar.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

Non hai cookies para mostrar.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Atopámonos ante un territorio marcado pola presenza dos ríos Miño e Sil, pero cheo de ríos menores. Definen a paisaxe as ladeiras dos ríos cubertas de viñedo en bancais, os canons dos ríos e as numerosas igrexas e mosteiros repartidos por todo o territorio, de aí o nome de ribeira sagrada, Ribeira Sacra.

A diversidade paisaxística é unha característica da zona. Ribeira Sacra é un espazo de maxia e tradición, de verdes, granates, amarelos, un espazo de pedra…pedra nos muros dos bancais, pedra nos mosteiros e igrexas, pedra nas pontes, torres e fortalezas. Pedra. Valo perder?

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra asocia arredor do viño e da súa cultura todos os atractivos que ten Ribeira Sacra. Queremos que desde o viño coñezas unha terra que non te deixará indiferente e goces dunha das paisaxes vitícolas más belas e espectaculares do mundo.

Ofrecémosche unha opción lúdica cunha vertente turístico-enolóxica única en España. Ribeira Sacra só se entende desde o viño. A súa paisaxe, os seus monumentos, a súa artesanía, as súas tradicións, a súa xente… todo se vive desde e para o viño.

Bodegas visitables, hoteis, casas de turismo rural, restaurantes, actividades de ocio, centros de vinoterapia, museos e centros de interpretación, enotecas, tendas especializadas, información turística…

A Ruta do Viño da Ribeira Sacre é principalmente viño, pero tamén:

Coñecerás aldeas perdidas no tempo. Catarás viños auténticos elaborados con toda a atención do persoal de bodega e viños experimentais que supoñen un reto para o elaborador.

Pasarás noites en aloxamentos máxicos. Comerás en restaurantes de comida tradicional e outros nos que a innovación tamén é unha opción na carta. Surcarás ríos baixo o voo das aguias, polo son dos paxaros e confirmarás que este territorio ten algo de sagrado.

A cantidade de matices que ten Ribeira Sacra, fan dela un lugar perfecto para visitar calquera época do ano. A oferta visual do viñedo é inigualable, sexa cal sexa o momento que decidas para coñecer Ribeira Sacra.

Sumérxete en Ribeira Sacra. Agardámoste!

Localización Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Comercio 6/8, Monforte de Lemos, Lugo

982 410 968

rutavino@ribeirasacra.org

https://www.rutadelvinoribeirasacra.org/

CONOCE A NUESTROS ASOCIADOS

BODEGAS