Personaliza as preferencias de consentimento

Usamos cookies para axudarche a navegar de forma eficiente e realizar determinadas funcións. A continuación atoparás información detallada sobre todas as cookies en cada categoría de consentimento.

As cookies que se clasifican como "Necesarias" almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para habilitar as funcionalidades básicas do sitio.... 

Sempre Activo

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

Non hai cookies para mostrar.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

Non hai cookies para mostrar.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

Non hai cookies para mostrar.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

Non hai cookies para mostrar.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

Non hai cookies para mostrar.

Ruta do Viño de Valdeorras

A Ruta do Viño de Valdeorras comprende seis municipios integrados na Denominación de Orixe Valdeorras: Rubiá, O Barco, A Rúa, Petín, Larouco e Vilamartín. Aquí, a lousa é a protagonista do territorio humanizado. Terra de cultura milenaria, é cruzada ao este pola Vía Nova, a calzada romana Vía XVIII que comunicaba Astorga con Braga. Este territorio constituíu durante o imperio Romano un centro importante de explotación de ouro, unha actividade que se combinaba coa plantación de cepas de uva e, incluso, a construción de lagares.

O importante patrimonio vitivinícola que atesora Valdeorras impregna desde o máis agochado recuncho ata o sentir de vilas e aldeas. Por iso, o viño é a escusa que se ofrece para percorrer un territorio rural.

O amante do enoturismo ten a posibilidade de gozar do fermoso patrimonio natural e cultural enmarcado no pobo de Entoma, rodeado por unha grande extensión de viñedos en ladeiras. Ademais, pode coñecer as denominadas “covas”, bodegas enterradas onde tradicionalmente se elaborada e conservaba o viño en case toda a comarca. Concéntranse auténticos barrios de “covas”, como aldeas de conto delatadas polas curiosas chemineas, chamadas “refugallo”, que serven para regular a humidade. Adoitan atoparse no alto das aldeas onde as ladeiras fanse máis empinadas.

Cabe destacar O Camiño de Inverno, entrada natural a Galicia desde a Meseta, que funcionou como alternativa en época invernal á dura ascensión ás cumios nevados de O Cebreiro. Nalgún dos seus tramos coincide coa Vía Nova, tamén coñecida como Vía XVIII, que une Astorga con Braga, polo que este acceso tamén foi inicialmente transitado polos romanos. Componse dun percorrido de máis de 200 quilómetros que nace no Camiño Francés, concretamente no municipio leonés de Ponferrada, e prolóngase ata Compostela atravesando as catro provincias galegas. No seu percorrido, duns 240 quilómetros entre Ponferrada e Santiago, discorre pola paraxe mineira romana das Médulas, declarado Patrimonio da Humanidade, atravesa as cercanías do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e segue co curso do río Sil, onde se acerca á Ribeira Sacra. Cruza zonas de produción vinícola, coma é o caso de Valdeorras.

Localización Ruta do Viño de Valdeorras

Aldea San Miguel de Outeiro, s/n, Vilamartín de Valdeorras, Ourense

604 07 87 53

info@rutadelvinovaldeorras.com

http://www.rutadelvinovaldeorras.com/

CONOCE A NUESTROS ASOCIADOS

BODEGAS